Fala con nós

Este é o voso encerado. Deixádenos aquí as vosas opinións, preguntas, curiosidades ou charlade sen máis (prometemos responder).

6 reflexións sobre “Fala con nós

    • Ola! Pois o primeiro volume poderiamos recomendalo a partires dos 12-13 anos; o segundo xa pon a franxa de idade por riba dos 15. Agora ben, todo depende do que estea acostumado a ler o lector. O ano pasado, na Feira do Libro de Ferrol, un rapaz de 11 anos mercou a primeira parte pero xa se atrevera co Hobbit e algún outro libro de fantasía épica. A razón do límite de idade non está tanto nas escenas violentas das batallas (que algunha hai pero nada que sexa máis forte do que poden ver os rapaces na tele hoxe en día…) como no trasfondo de mitoloxía e dramas personais que arrastran os protagonistas e que, para gozalos ó máximo, poida ser necesaria unha determinada madurez. Mais, como dicía antes, o límite o marca o propio lector. Non é o mesmo que as súas lecturas cotiás sexan Geronimo Stilton ou As Crónicas de Dragonlance. Apertas!

Os comentarios están pechados.