..7..: Os medos son difíciles de superar

O Dragón Vermello dorme, dende fai séculos, nas entrañas da Montaña Sagrada e, dende que os Primeiros Homes fundaron Elawei, forma parte do Ritual para que un novo Forxador tome o control do Palacio Áureo. Nesta ocasión tócalle a Bran superar esta dura proba e demostrar a súa madurez. Mais esta besta, cuberta de anchas escamas bañadas en lume, representa os máis ocultos e insuperábeis temores, aquilo que se agocha no máis profundo das nosas almas e aparece para abatirnos nos momentos máis duros, nos que estamos máis vulnerábeis.