..6.. Sempre hai unha luz na escuridade

Os Prismas son unha rede de cristais que cubren grande parte dos muros interiores de Elawei. Portando os raios do sol dende o exterior da Montaña Sagrada até os máis escuros currunchos da cidadela subterránea, son a enerxía que enche de luminosidade e alegría as tebras das galerías. Grazas a eses brillantes e poderosos ríos de luz, os cidadáns e cortesáns que habitan o Palacio Áureo poden esquecer que viven baixo milleiros de toneladas de pedra. Mais todos sabemos da fraxilidade do cristal…