..5.. O caudillo dos pictos: Dagda

Na mistura e variedade de deuses celtas, destaca a figura de Dagda. O papel que xoga neste primeiro libro das Crónicas é o de caudillo da tribo dos pictos da Terra de Alba. Grande estratego e amante da Nai Natureza, liderará aos seus na dramática batalla de Landeiras contra as tropas da Terra da Nada. Irmán da demoníaca deidade Donn, non será quen de desviar o camiño que o Fado ten escrito para Bran.